lunes, 30 de junio de 2008



holaaaaa, o prometido deuda!!!!! e aqui estou de novo. e pra demostrarvo que a xente de Guláns e moi polifacética, aqui vai unha demostración do noso talento. este finde semana foron as festas e estivemos toda a noite facendo as alfombras florais. enviovos duas das mellores. tedes que recoñecer que son insuperables..............jejejejejeje.
polo demais todo na mesma liña.... descansar, descansar e descansar. en canto a festa do porquiño, eu apuntome, todo o que sexa papar ahi estou eu.
e falando diso, ainda non celebramos a entrada do verán, asi que e mellor que pensemos enpreparar unha boa festa. por certo Anxo enseñalle estas fotos a Bibiana, para que vexa o que perdeu.jejejeje
un bico enorme para todo.
Merchy, alias " Ferry"

viernes, 27 de junio de 2008

PORQUIÑO Á BRASA


Ola meus, lojo de recuperarnos do fin de semana loco nos san vicentes do mare temos que poñernos as pilas (e non vale das recarjadas, que sexan nuevitas, nuevitas) para ir reclutando xente para o acontecemento que terá lugar o 31 de agosto, o PORQUIÑO Á BRASA DA AMIL.

Estiven indajando e resulta que este ano subeu o precio do lote, son 300€ e da para manter a máis de 20 persoas, polo que cantos máis mellor. A jroso modo creo que inclúe empanadas, pan, porquiño, porquiño, porquiño, viño, e máis viño e non sei se aljún postre, café e licores a rodar. Un sejundiño que o miro..... Xatá: un porquiño de 14kg, dúas empanadas de 1,5kg de zorza e bacallau, 12 botellas de viño barrantes, 4 moletes de pan, 2 bicas e café de pota con jotas, moitas jotas.

Hai que reservalo a partir do 28 de xullo e en canto se abran as contas pa ingresar debemos de facelo xaaaaaaaaa! Iso é moi importante porque senón quedamos sen el (esta échevos unha festa con moita afluensia).

Xa está comentado polo que facede o mesmo e a partisiparrrrrr!


Bicos babosillos pra todos

lunes, 23 de junio de 2008

Noraboa os asistentes de San Xoan 2008

Anxo ó aparato!Introducin unha pequena modificación na paxina, espero que vos guste.
Por certo o outro dia puxen mal a dirección do nautico, é www.elnautico.org, podedes ver o amplio repertorio de concertos a celebrar no "veranito".
Nada, darlle a noraboa ós asistentes da cena de san xoan no nome de BAR PETACA, RESTAURANTE CRIOLLO CRÚ e CASA CHASCO e que en breve teran noticias do xefe de persoal dunha alta empresa madrileña que coñecemos ese día en San Vicente.
Sen mais unha agarimosa aperta.

viernes, 20 de junio de 2008

CAMBIO DE TÍTULO II

Ola de novo, xa sei que o bloj síjese chamando ijual pero é que para poder cambialo todo teriamos que volver a facelo de novo e por iso non paso, paso por cambiarlle o nome no folleto de entrada pero non o resto.
O dito, que se o queredes facer vos pos adiante que eu non son celosa nin me parese de mal, ó contrario que así tamén participades máis activamente.
saudiños a todos

jueves, 19 de junio de 2008

CAMBIO DE TÍTULO

Ola a tódolos afojados de pontevedra.
Cambiamos o nome do blojs para que a Maruxa non se me inquiete por se nos van ver os mataos que miren aljo das subvencións do foja. Se queredes cambialo non tedes máis que facelo, véxase o Anxoman que xa lle cambiou o fondo para que o ambiente sexa máis relaxado á hora de lernos.
As miñas últimas novas son que me puxo outro juevo a tortuja (que descubrín este ano que son macho e femia, cando pensaba que tiña dúas femias! Menuda bióloja que estou feita!) e que me chamaron os de lujo para colaborar con eles no proxecto de urbanismo dun concello. Pero inda non teño ningunha nova máis deste tema, que son uns deixados e mentres tanto levo catro uñas de cada man roidas......trtrtrtrtrtrtrrt!
Pos nada máis, ós que nos vexamos no jrove, xa nos vemos e ó resto...... pois pronto teremos que reunirnos ou..?

lunes, 16 de junio de 2008

Heyyy...q me acoplo a esto...

Vaaaale , antes de nada identificación:
  • Sexo: débil
  • Complexión: fuertiiiiiiiiiiiiiiisima
  • Estatura: altiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisima
  • Edad: iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimos
  • Talla: cilindro diabólicamente acampanado
  • Medidas: 90/60/90....es q hace mucho q no me veis
Uy......creo q si quiero despistar debería cambiar de registro...ben empezo agora...Martina felicitacions polo blooooog!!!!!!.......o que escribin antes imaxinadeo en galego: translate yourself, ok?? (agora si q estades perdidiiiisimos..jejej..........Pero Ana....no cojas el diccionario de inglés mujer q seguro kestas 3 palabrejas te las sabes...)

Ahhh.....Maruxa, no te preocupes que esto sólo lo pueden ver todos tus conocidos y desconocidos desde cualquier lugar del mundo (bueno, sólo los q quieran info sobre las ayudas agric y ganad de la Xunta...al final son 3 o 4 na más); aún así, yo.... que soy muy precavida, voy a usar un nombre en clave para q no me puedan reconocer...a partir de ahora soy..... SABELAPEROCONMAYUSCULAS

Ahí va una publi q mace gracia:

<------ Aquí pone: "chámote agora, estou choiando"
Muuuuuuuuuuuuuu............muuuuuuuuuuuuuuu.............muuuuuuuuuuuuuuu........muuuuuuuuuuuuuuu
...........muuuuuuuuu.....CLA, CLA, CLA....Anxiño.....deixa de contar vacas e desperta q ti tes q traballar....jejejej.....eso por el supervideo
.....Por cierto Ana tenemos q desempatar...yo ya stoy entrenando

Muuuuuuchos besos a todos..

lunes, 9 de junio de 2008

Arre chispa! Comunicando!!!!!!!!!!!

Ola mozos e mozas, a ver se me estreno nisto do blog. A verdade é que os comentarios van a lume de carozo, que deixas tres días sen encender o ordenata e xa tes o buzón de correo a botar por fóra e unha pila enorme de noticias frescas!
Ben, a ver se me dicides dunha vez se todo quisque pode ler e ver o que poñemos aquí ou é un blog de acceso restrinxido, porque oes, xa estou a ver ao da cooperativa de turno que buscando información sobre o fogga de Pontevedra e vai e dá co noso recunchiño.... ben, de ser así, polo menos lle amenizamos a xornada ao agobiado técnico agrícola.....
E alá vai un pequeno video xeitoso que me enviaron. Aos que estamos no paro non se nos fai tanta a diferencia ...
Maruxa, cambio e corto.....

domingo, 8 de junio de 2008

Noite de San Xoan en San Vicente do Mar

HOLA. Anxoman ó aparato.Que sepades que o día 21 de Xuño celebrase en San Vicente, concretamente no Nautico (http://www.nautico.org/) unha sardiñada en honor a San Xoan con concertos de 3 grupos, festa toda a noite,viño....

Xa sabedes www.nautico.org, se non, podedes darlle a lata a Oscar, para que vos informe, sobre calquera dúbida incluso sobre as UXFOR jejeje.

Era interesante reservar cunha semaniña de antelacion polo tema do aforo do local, xa que teñen intencion de asistir sobre unhas 500 persoas de toda indole social.

viernes, 6 de junio de 2008

EXPO ZARAGOZAAAA

Redactando Martina
Comentarvos que saiu unha subvención da Deputación de Pontevedra destinada a asociacións para realizar unha viaxe á expo durante catro días por 360 eurasos, subvencionada quedarían en 300 coa posibilidade de reducirse segundo a compañía que escollan. Problemas: é en autobús e non hai datas fixas. En principio é dende o 14 de xuño ata o 14 de setembro. Sairíase ou un domingo ou un mércores. Se a data non nos convén podemos rexeitala sen problema. Pero hai que solicitala antes do 20 deste mes. Mandareivos a información por correo porque eu téñoa en papel.
Poderiamos ir meténdovos de socios na nosa Asociación.
Pensádeo

jueves, 5 de junio de 2008

Resultado inesperado

Por Ángel:
Que risas, non mo esperaba. Alá marcharon as dúas o chan, je, que risas
jajajaaaaaaaaaaaaaaaaaa

Resultado do acertixo

Hola! Anxoman ó aparato. Intentarei colgar o resultado da pregunta plantexada no mes anterior
Noraboa aos que deron coa resposta (era moi doada para os que asistiron ás xornadas de convivencia pacífica en Foz) aos demais un placer que intentarades resolver o dilema.
O do fondo violeta é unha suxerencia, non sei se combina, pero como Ana está co tema do MASTER dicir que é unha cor recomendada para fondos de presentacións xa que evita o estres e mellora os comportamentos humanos (jejeje, esto ultimo non sei se é certo)

Apertas e sede Mija de Pan

Ana, cantas cousas fas á vez, mi ma!!!!!!!!!!!

Ángel ó PC:
Ana, hostia para un pouco, que tantas cousas á vez, e logo cando estés máis libre vaste aburrir.
Así me gusta, xente que traballe, e se é por min mellor, jeje.
Do que necesites aquí estou po que che poida axudar.
Que vaia ben

miércoles, 4 de junio de 2008

HELLO

Ola a todos os usarios de este invento, que a verdade non somos moitos non? bueno somos os mellores.

Xa non ando tan ajobiada, acepto os vosos consellos Angel e Martina, hoxe libereime das cousas q tiña pendentes para entregar ( entre dous anteproxectos ( axuda a tome), unha taxacion que me tocou para facenda e ex de ingles( que fun totalmente a ver como eran), pois andabavos estresada ea jobiada, pero bueno agora so me queda o exame do master que o teño este sabado e facer o proxecto para entregar o dia 16, /(tenme que dar tempo a rematalo).

A coidarse todo o mundo

ahhhhhhhhhh son ANA

martes, 3 de junio de 2008

FESTA JASTRONÓMICA, ONDE, ONDE? QUE ALÁ VOU

Son Ángel (joder outra vez a identificarse, cajoendies)
Martina: concrétame día, hora e forma de chegar a festa jastrónomica esa que onde haxa de comer alá vou.
Aínda que sexa só empanada, que se fora pan con aceite ou sopas de viño tamén se ia, con tal de comer..........
Ahh, concretádeme a vosa asistencia porque iso fará que me sexa máis fácil tomar a decisión de ir ou non ir.
Bicos e ata despois

lunes, 2 de junio de 2008

PARTISIPASIÓN PARTISIPASIÓN

Ola meus!
Así me justa, partisipasión ainda que queda moito camiño por andar.
Angel, non teño nin idea de como poder facervos partícipes sen necesidade de identificarvos pero chico, hai que andar co DNI ata para escribir nun blog.
Ana, o mesmo que di o Angel, non te enjobies que senón inda é peor. Que tal foron os exames?
Ala, que hoxe non teño o día inspirao. Por certo, este sábado día 7 a Asociación Xuvenil e Cultural "O Costado" (a cal presido) celebra unha primicia de festa jastronómica, a I FESTA DA EMPANADA á que estades todos convidados.
Bicochos jordos

EOOOOOOOO

Hola a tod@s:
Primeiro de nada son Ángel.
Iste blog e o carallo, como se pode facer para non termos que decir cada vez quen somos??, hai a posibilidade de crear unha conta ou algo para cada membro?
A idea e de puta madre, felicidades a creadora polo seu traballo e os membros por participar (joder que diplomático)
Polo que lin e vin nas fotos debistelo pasar de puta madre no finde da primaveira activa, imaxinome que algunhas fotos serán exclusivas e privadas, jeje
Anxo, como te mandas vaia pose na foto, pilláronte infraganti.
Ana e Sabela, quen caeu o chan na proba esa? e que fai Oscar? esperando recoller a alguén do chan?
Ana, hostia, non te lies tanto nen te agovies que xa chegará o tempo cando traballes
Marisolsol a foto da vaca moi boa, había que por unha real, destas de inspección,sabes?
Merchy, deixa de queixarteeeeeeeeeee
Martina, noraboa de novo pola idea e polo esforzo
............
Bicos pra tod@s