Ola mozos e mozas, a ver se me estreno nisto do blog. A verdade é que os comentarios van a lume de carozo, que deixas tres días sen encender o ordenata e xa tes o buzón de correo a botar por fóra e unha pila enorme de noticias frescas!
Ben, a ver se me dicides dunha vez se todo quisque pode ler e ver o que poñemos aquí ou é un blog de acceso restrinxido, porque oes, xa estou a ver ao da cooperativa de turno que buscando información sobre o fogga de Pontevedra e vai e dá co noso recunchiño.... ben, de ser así, polo menos lle amenizamos a xornada ao agobiado técnico agrícola.....
E alá vai un pequeno video xeitoso que me enviaron. Aos que estamos no paro non se nos fai tanta a diferencia ...
Maruxa, cambio e corto.....
lunes, 9 de junio de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario