miércoles, 27 de agosto de 2008




"POR SUPOSTO QUE VOLVEREMOS"


Sinto moito tardar tanto, pero tardei varios dias en recuperarme de tanta empanada, jejejejejej. o luns levaba unha cara que daba pena, e segun Ana ( que fumos xuntas de inspecciòn ) decia que tiña cara de empanada, que a min o alcohol faciame efecto con 48 horas de retraso. pero valeu a pena tanto esforzo, porque tal como din en san Andres de teixido, ésta é unha festa que deberia ir todo o mundo polo menos unha vez na vida.

todo estuvo moi ben, ainda que se falamos de triunfos, temos que falar do licor cafe de ponteareas, pois ainda que nun fun capaz de ampliar a miña carteira de clientes ( e iso que facia precio de amigo ), lamberon na botella ata a última gota.

E cando xa o viño empezaba facer mella, o noso amigo Anxoman non se lle ocurriu outra cousa que ampliar o seu grupo de amigos, e presentounos o seu amigo " o burro ", que ainda que a orquesta non empezara, él xa bailaba mais ca unha mona.



e iso mesmo foi o que fixemos, unha vez recollidos todos os nosos bartulos; bailamos e bailamos ata enchernos, ainda que se vos digo a verdade, eu por min bailaba outro tanto. e como non todo mundo aguanta o mesmo, esta foto demostra quen somos os que realmente vivimos a tope, sin importarnos as horas ou as consecuencias do dia seguinte, quen somos os que a idade ainda non lle pasou factura, jejejejejej.E se vos fixades ben na foto, que sepades que non foi quitada as 7 da tarde, esa intensa luz que se aprecia, é porque xa eran alá polas 8:30 da mañan, a piques de entrar no curre, jejejejejejej. Dende logo non hai sentidiño ningún!!!!!!
E despois habia que repoñer forzas cun bo colacao, bueno ainda que houbo quen tiña tal empanada mental que tivo que meterlle a auga, jejejejjejeejej



e como xa puxen na miña anterior nota, dixen que nesta festa pasaban multitude de historias, dende as mais graciosas ata as mais repugnantes. pois ben eu ( e algunhas mais )fumos testigo dunha historia que me deixou abraiada, e coa cal levo toda a semana investigando. e aqui vos envio unha proba do crimen, jejejejejej!!!




pero que pasou aquela mañan na pensión de bandeira?????? pero vos fixastes na cariña de felicidade do Salva????' sacade as vosas propias conclusión que seguro que acertades. eu xa teño as miñas propias, de como Salva rematou na cama de Ana , cando el tiña asignada a habitación do lado co seu amigo Anxo. dende logo e como tal podemos comprobar ( ou Ana estaba moi durmida ) non lle fixo "ascos" a sua presencia..... buffff, estaremos falando do pricipio dunha bonita..........
seguirei investigando sobre o ocurrido e prometo mantervos informados.
Dende logo nesta grandiosa festa ( e xa me habian avisado )pasan cousas que son dificil de contar, pero do que si estou segura e que existe algo nese lugar que fai que te transformes totalmente.

un bico pra todos, Merchy.

as fotos publicareinas nos proximos dias na mesma direccion de correo do blog, coa mesma contraseña .

No hay comentarios: