jueves, 17 de julio de 2008

FESTAS DE SANTA XUSTA

Ola meus bens queridos e queridas!

Hoxe comezan as festas de santa xusta nas morañas e é cando realmente nos damos conta, os que vivimos preto, de que xa estamos ben entrados no verán, de que para a semana que ven son as festas do espeto e o san cristovo de couso (que fasemos unha festasa que racha coa pana, jejeje) que por certo estades invitaos a todas, para o fin de semana do espeto non teño moito sitio na casa pero se vindes é cuestión de falar con miña irmá pa que nos deixe tumbar os corpos no seu piso...

Tamén son datas que recordan que xa en dúas semanas hai que facer a reserva do porquiño á brasa... e eu sigo esperando confirmacións. Sei que son pesada pero non me dixestes que o mirara? Pois ajora xa me fixen ilusións e quitarlle as ilusións a unha muller que se priocupa pola jarana dos demais.... non trae bo resultado...

En fins, pensádeo, discutídeo, faládeo, remoédeo pero contestade. E falando de contestar: MARRRRRRRR, que inda non te estreaches no bloj, fai o favor mulleriña e así cóntasnos como che vai ós que non te vemos.

Sin más por el frente norte de las montañas escarpadas de los Campo Lameiros UN BEIXO ENORME PARA TOD@S

PD. Ajora que estades máis xuntos orjanisade unha reunión... queda da vosa man

No hay comentarios: